Saltar ao contido

Denali

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaDenali
Imaxe
Tipomontaña Editar o valor en Wikidata
EpónimoWilliam McKinley Editar o valor en Wikidata
Parte deSete Cumios Editar o valor en Wikidata
Localizado na área protexidaParque Nacional e Reserva de Denali (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
ContinenteAmérica do Norte Editar o valor en Wikidata
División administrativaDistrito de Denali, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónParque Nacional e Reserva de Denali (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Mapa
 63°04′09″N 151°00′23″O / 63.069103, -151.006261
CordilleiraCordilheira do Alasca (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude6.190 m Editar o valor en Wikidata
Prominencia topográfica6.155 m Editar o valor en Wikidata
Illamento topográfico7.436,9 m Editar o valor en Wikidata
BNE: XX5295750

Denali é a montaña de maior elevación de América do Norte e dos Estados Unidos. Sitúase en Alasca, e ten unha altura de 6.194 metros. Forma parte da gran cadea de Alasca, un arco montañoso de 960 km, que se estende a través da zona suroriental do estado. Esta cadea é unha porción dos grandes cordais occidentais do continente, que se estenden desde Alasca até as costas de California, e a depresión do Val da Morte.

O pobo kokuyon, habitantes tradicionais da área, denomínana Denali ("a gran montaña"). Foi, porén, renomeado Monte McKinley en 1896, en honra do presidente estadounidense William McKinley, nome oficializado en 1917 por unha lei federal. En 1975 Alasca recoñeceu a forma Denali como oficial e principiou un longo litixio coas autoridades federais para que estas recoñecesen a forma Denali como oficial a efectos federais, o que se levou a cabo en 2015.[1] Porén, o 20 de xaneiro de 2025 o presidente Donald Trump asinou unha orde federal na que lle solicitaba ao Secretario do Interior que restablecese o nome do monte a McKinley de novo nun prazo de 30 días.[2]

Ascensións

[editar | editar a fonte]

A primeira ascensión do McKinley aconteceu o 7 de xuño de 1913, a cargo dunha expedición guiada por Hudson Stuck. Unha suposta escalada no 1903, por Frederick Cook, demostrouse moi logo que era unha fraude. No 1947, Barbara Washburn foi a primeira muller que alcanzou a cima. Na actualidade a montaña é escalada con regularidade, pero segue a ser unha empresa perigosa e da que resultan bastantes incidentes.

  1. "Denali to be restored as name of North America's tallest mountain". Newsminer. 30 de agosto de 2015. 
  2. Bohannon, Molly. "Trump Renames Denali To Mount McKinley—Here’s What To Know". Forbes (en inglés). Consultado o 2025-01-21.